EeB Recuncho Literário
Alguém dixo nalguma ocasião que a escrita é um acto solidário (mas nom solitário), por quanto o/a escritor/a compartilha algo de seu que se torna recíproco ou mutuo quando o/a lector/a faz o acto de leitura e interioriza/universaliza o texto. Nom sei se isto é certo, mas quero crer que sim. Daquela, e sem que sirva de precedente, vou publicar hoje neste humilde blogue-plataforma um texto que creio me cercava desde há algum tempo e à fim fum capaz de por de fora. Em consequência, como poderedes imaginar, o texto é inédito -nom há moito que a mãe pariu ;)-. Iso nom faz que, por suposto, nom aceite encantado criticas e correcções/indicações -ou elogios, se os houver e som sinceros =)-. Obrigado!
(Sem título -provisional-)
Visito na memoria unha tarde de luces apagadas,
onde todo ficara estático
dende a última vez,
e un mar de espellos cóncavos
dilapida agarimosamente
os meus recordos máis profundos
entre o canto residual de ondas perpetuas.
No inmenso vagantío de horas caducas
voan fráxiles as insólitas follas
dunha estación sen nome
disfarzando o ar de perfectas formas asimétricas;
asfalto escuro dun camiño que se perde no horizonte
Visito na memoria unha tarde de luces apagadas,
onde todo ficara estático
dende a última vez,
e un mar de espellos cóncavos
dilapida agarimosamente
os meus recordos máis profundos
entre o canto residual de ondas perpetuas.
No inmenso vagantío de horas caducas
voan fráxiles as insólitas follas
dunha estación sen nome
disfarzando o ar de perfectas formas asimétricas;
asfalto escuro dun camiño que se perde no horizonte
... lonxe
... sen pegadas.
Busco, vencido, a casa sen cadros,
a habitación despintada de cores irredentas
(preferibelmente azuis),
o leito lene onde acougar;
e determe na leitura do meu libro preferido,
reler máis unha vez a páxina marcada
e agardar que a mañá tinxa o tempo
novamente
coma unha natureza de algoritmos inmutábeis.
... sen pegadas.
Busco, vencido, a casa sen cadros,
a habitación despintada de cores irredentas
(preferibelmente azuis),
o leito lene onde acougar;
e determe na leitura do meu libro preferido,
reler máis unha vez a páxina marcada
e agardar que a mañá tinxa o tempo
novamente
coma unha natureza de algoritmos inmutábeis.
18.9.07
|
|
Esta entrada foi adicionada o 18.9.07
Podes seguir qualquer resposta a esta entrada
através de RSS 2.0 feed.
Também podes deixar um comentário,
ou trackback desde o teu próprio web.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentários:
Enviar um comentário