Secçom Vintage: As Melhores vinhetas de Chema, o aluno de Secundária (entrega 1ª)

Os Problemas matemáticos de Chema

Olá visitantes! Hoje trago-vos uma secçom já esquecida de muitos e muitas de vós. Pretendo recuperar a ilustre e solene figura do nosso bem-querido pessoeiro da ESO, o trapalheiro Chema: o aluno da Secundária, com as suas mordazes imagens da vida dos liceus, onde de seguro podereis ter um espelho em que mirar-vos e recordardes com nostalgia os anos passados de doçura e inocência.
Saúde!

NOTA: Como vedes, a vinheta está em espanhol, facto que responde ao intento de achegar o meu humor acedo a muitas pessoas locadas em pontos diversos do Estado... a sério... ufff!

Nova Sección: O carallo 29 (vinte e nove)

Ola visitantes! Nesta nova sección que nace hoxe terán cabida os mellores (por diferentes e absurdos motivos) vídeos da rede. Así que xa sabedes, se atopades algún vídeo que pague a pena de verdade para ser publicado e comentado neste Blogue, non dubidedes en acrescentalo nos comentarios de rodapé.
Para este 1º post comezamos cun dos que, de seguro, haberá de ser insuperábel:
David Hasselhoff - Hooked on a feeling


Boas-vindas


Benvind@s! Hoxe é un día feliz porque o noso caro Espazo en Branco renace neste novo servidor xa de moitos e moitas de vós coñecido. Quen sodes xa máis antigos lectores recordaredes o falido proxecto do blogue Patacas e outras larpeiradas, que non foi posíbel levar adiante por mor de diferentes e distintos (mais non distinguidos) contratempos e inconvenientes.
Como vos comentara hai uns días, froito do escasa satisfacción suscitada polo Space de Migrosof (se non son migromaxíns non son os auténticos) decidín finalmente mudar para o sonado servidor Blogger, que a pesar de que non é tan completo nalgunhas cousas, permíteme potenciar algunhas outras.
Sen máis, espero con ilusión que esta nova andaina do "Branco" estea a altura do que vós, loucos /as lectores/as sen dúbida merecedes.
Preparade os miolos para unha morea de novas sensacións humorístico-trosmeiras, con novas seccións (a toda cor), todo tinxido por suposto pola aceda visión do mundo que caracteriza ao escribinte destas letras.
Apertas e reloxos de moitos oiros (€) para tod@s vós!! Saúde!!

Designed by Posicionamiento Web | Bloggerized by GosuBlogger