Boas-vindas
Benvind@s! Hoxe é un día feliz porque o noso caro Espazo en Branco renace neste novo servidor xa de moitos e moitas de vós coñecido. Quen sodes xa máis antigos lectores recordaredes o falido proxecto do blogue Patacas e outras larpeiradas, que non foi posíbel levar adiante por mor de diferentes e distintos (mais non distinguidos) contratempos e inconvenientes.
Como vos comentara hai uns días, froito do escasa satisfacción suscitada polo Space de Migrosof (se non son migromaxíns non son os auténticos) decidín finalmente mudar para o sonado servidor Blogger, que a pesar de que non é tan completo nalgunhas cousas, permíteme potenciar algunhas outras.
Sen máis, espero con ilusión que esta nova andaina do "Branco" estea a altura do que vós, loucos /as lectores/as sen dúbida merecedes.
Preparade os miolos para unha morea de novas sensacións humorístico-trosmeiras, con novas seccións (a toda cor), todo tinxido por suposto pola aceda visión do mundo que caracteriza ao escribinte destas letras.
Apertas e reloxos de moitos oiros (€) para tod@s vós!! Saúde!!

24.11.06
|
|
Esta entrada foi adicionada o 24.11.06
Podes seguir qualquer resposta a esta entrada
através de RSS 2.0 feed.
Também podes deixar um comentário,
ou trackback desde o teu próprio web.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentários:
Enviar um comentário