EeB espaço ciber-documental

Un novo espazo acaba de aparecer na rede, Eufalo.TV, un proxecto de documental colaborativo sobre a lingua, dende o punto de vista dos/as falantes. É, por tanto, unha historia feita a partir de pequenas historias, un discurso feito con moitos discursos diferentes e variados.

O proxecto conta co traballo da empresa A Navalla Suíza e un equipo de colaboradores formado por Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros.

A pesar deste soporte, Eufalo.TV, accesíbel no enderezo http://eufalo.tv é un proxecto que pide a colaboración dos e das internautas para que envíen vídeos onde conten historias ou vivencias, propias ou alleas, sobre a lingua e nosa relación con ela.

(Resenha da CTNL)

Deixo-vos um par de vídeos deste interessante projecto: o que serviu de apresentaçom a este e mais um outro testemunho particular que representa um pouco o "estilo" das gravaçons.


Vídeo promocional


Reyes
(Asturiana. Trabalha de enfermeira no Hospital clínico de Santiago de Compostela desde há dous anos)


0 comentários:

Designed by Posicionamiento Web | Bloggerized by GosuBlogger