Algunhas ideas sobre o resultado das eleccións do 27M

Deixando á marxe que isto das eleccións é cada vez máis vergoñento, vou ofrecer a miña opinión sobre os resultados destas eleccións municipais, tentando explicar por que o PePe, a pesar de todas as enleas en que está metido coa súa esperpéntica política (?), aínda segue a ser o partido político/relixioso máis votado de todo o Estado español, e tamén no noso país, evidentemente. E vou ser moi conciso:

1º. O votante medio/standard do PePe é o que eu denominaría un votante-militante, é dicir, o seu perfil é o dunha persoa sen practicamente coñecementos da realidade política do seu contorno e cunha ideoloxía que poderiamos chamar, hereditario-forzosa. Este votante-militante está fortemente comprometido coa "causa". Iría votar ao seu partido "biolóxico-xenético" aínda que houbese que pagar por introducir o papeliño na urna. Así de ben lle deprenderon as súas obrigas os seus proxenitores: "Tú a los rojos intenta joderlos siempre"; "Al Sr. D. Anselmo hai que tratarlo bien, tiene muchas tierras y, sacrificándonos durante un tiempo, quién sabe si no te podría quizás tal vez en algún momento con suerte si dios quiere, dar un puesto de peón en su fábrica de alimentos cancerígenos, por el que le estaríamos agradecidos por siempre, aquí y en la otra vida. Cuando ese día llegue tú trabaja para ascender hasta que seas el jefe de todo, para así poder humillar a tus empleados, como venganza por las penurias e infamias que, nosotros, como fieles y leales lacayos del Sr. D. Anselmo (que dios lo tenga en su gloria ahora y siempre) hemos tenido que padecer toda la vida, presos de esta vida de miseria en la que hemos aprendido que únicamente quien ahorra pasándolas putas toda la vida y haciéndoselo pasar igual de mal a su familia, logrará el perdón de dios y se ganará el cielo eterno, además de llegar a viejo con el colchón lleno de dinero (aunque al final nuestros hijos se lo gasten casi todo en juicios por quedarse con él en exclusiva y con lo poco que les sobre se compren un coche y una barbacoa de gas)".

2º. O votante de calquera outra opción que sexa liberal-progresista é unha persoa que ten en común só un trazo: odia os feixistas e ultraconservadores do PePe. A diferenza entre eles vén provocada polas diferentes maneiras de afrontaren a "loita electoral".
a) O 50% destes votantes acode ás urnas, e reparte o seu voto entre as distintas opcións que se lle apresentan: socialismo, nacionalismo, social-comunismo, nacionalismo independentista e outras alternativas.
b) O 40% destes votantes só o son potencialmente, isto é, son persoas que están relativamente de acordo en que refugan do PePe, mais por diferentes motivos prefiren non participar co seu voto. Daquela, fican na casa con diferentes motivacións: non creo na política porque son todos uns mangantes (identifican o dereito ao voto como un certo modo de alienación), prefiro fumar porros (identifican a política cun elefante azul que lles fala en esperanto), vou quedar na casa xogando á Play Station (identifican o dereito ao voto co dereito a masturbarse con fotos de Lara Croft), non entendo de política (identifican o dereito ao voto como a perda da posibilidade de empenecarse a cervexas un domingo de sol nunha terraciña), etc.
c) O 10% restante son anarquistas, hippies, anti-sistema, analfabetos funcionais, orcos, unicornios, xente secuestrada en zulos, xente que leva morta 20 anos ou máis, funcionarios en situación de baixa permanente, condutores de avións que nunca aterran, e, por suposto, mariñeiros, que aínda nestas pasadas eleccións, NON PUIDERON VOTAR por andaren a faenar no mar. Porén, os tataranetos do cacique de O Rosal non fallan unha votación (chévere!).

En conclusión, os do Pepe sempre terán o voto asegurado grazas aos seus votantes-militantes, que simplemente votan ao boneco, aínda que o seu candidato sexa pederasta-criador de galos maricóns-hermafrodita ou aínda que saia na TV malgastando cartos dos seus cidadáns a esgalla (caso do rexedor de Ortigueira, por exemplo) vanlle votar sempre. De feito, se lles puxesen unha merda (non me refiro a Negreira) das de sempre, unha boa bosta como candidato/a non dubidarían en darlle o seu voto. O caso é votar dereita, que é igual a: manter status, asegurar privilexios, ter un amigo no "sitio indicado", modificar documentos a vontade mediante pagamentos puntuais, ser puro de raza e español de carallo.

Mentres, da outra banda, hai que repartir o pastel entre os que queren parecer progres (P$OE), aínda que máis ben sexan pobres ou pobriños e os que queren parecer importantes (BNG), a pesar de que non saiban nin colocar ben os pronomes.

Así que a cousa está clara, votando como desta vez, só o 54,98% da cidadanía galega (o 64,76% no total do Estado), hai Pepe para un bo pedazo. Abstención = Cando queirades darvos conta xa vos recalificamos as leiras para que vos dean polo cu, hippies!!

Agora só queda esperar que a cousa non se complique máis. Hai quen xa ten claro que algún non é quen di ser (os de La Coz de Jalisia téñeno claro dabondo)...


Évos a hostia, o coitado do pobriño este daríase polo cu a si propio con tal de agradar a Vásquez e o stablishment económico desta cidade de paifocos de merda

3 comentários:

Anónimo disse...

Ѕomeone necesѕarily lend a hand to mаke сritically poѕts I would ѕtаte.
That iѕ the very first timе I fгequеnted уour webѕite рage and so fаr?
I аmаzeԁ ωith the гeѕeаrch you
made to сrеate this actual submit amazіng.
Mаgnіficеnt jоb!

Ηeгe iѕ mу weblog; Instant Payday Loans

Anónimo disse...

Ι am еxtremelу inspiгеd wіth your writing talents aѕ ѕmагtly as with the
laуout in your weblog. Is thіs a ρaid ѕubject or ԁid
yοu customіze it уοur ѕelf?
Еither way ѕtаy up the excellent
quаlity wгiting, it is rаre to loοk a nice
weblοg liκе thіѕ onе nowadаyѕ.
.

Ηere is my website; best payday loans

Anónimo disse...

If you are going for best contеnts lіκe I do, just ρay a ѵisit this ѕitе еveryԁay for the
reason that it provides featuгe contents, thanks

mу web-site: New Bingo Sites

Designed by Posicionamiento Web | Bloggerized by GosuBlogger