Subsección: Os meus grelos contra os teus repolos (o caso é protestar)
Hoxe síntome combativo, daí que tras a criación da sección Mais como Rexurdimento?, de crítica "contra todo dios", nace, na mesma data, esta subsección Os meus grelos contra os teus repolos (o caso é protestar) que bebe da mesma filosofía, mais cunha visión do mundo en chave galega (nin sei ben que carallo significa iso...).
E permitídime que inaugure solenemente esta subsección coa burla pública do candidato do Partido Galeguista (PG) á alcaldía da Coruña Carlos Marcos que vén de apresentarse ante a cidadanía herculina cun folletiño en que anuncia, entre outras pérolas, as súas (supomos propias) brillantes ideas:
"Defiendo la libertad de todos para hablar en gallego o en castellano y reclamo mi libertad para hacerlo en castellano y sentirme, por supuesto, un buen gallego. Quien no lo entienda, no entiende el sentir de muchos coruñeses" (Moi ben Carliños, daquela fica claro que ti es un bo galego deses que rexeitan exprimirse no idioma do seu país. Se te entendemos perfectamente Carliños, a ti e a moitos coruñeses de que estás a falar, se xa vos coñecemos dende hai tempo).
Xa dentro do folleto (cuxa lectura vos recomendo imensamente se o atopades por aí) todo vén en castelán (de conformidade co exposto polo Carlos, un deses tipos con apelido en forma de nome propio que despista que non vexas), todo... menos unha parte: a que ten a ver coa seguridade cidadá (igual hai que usar o galego para temas áridos que se relacionaren coa delincuencia e o atraso e reservar o nobre idioma do Imperio Pequeno para fins máis elevados).
Para rematar a obra teatral, afinal do folleto animan a participar nun concurso "Cómo te gustaría que fuera tu ciudad" e sortean 5 bibicletas de montaña. Que patriótico, como na Galiza hai montañas... téñeno todo pensado os amigos de Carliños.
O que non sei eu é como o Partido Galeguista (PG) puido cometer a infamia de apresentar este personaxe lamentábel e antigo (?) ultradereitista coma un dos seus candidatos, sendo como é un partido histórico do galeguismo político, e pergúntome que farían Alexandre Bóveda ou Castelao se visen en que se converteu o partido que fundaron. Que tristura!

Despois dunha serie de declaracións de teor político-promeseiro, chegamos á parte da que máis gostei: o tema lingüístico. Apesar de que o Carliños xa se pronunciara días atrás na prensa sobre estas cuestións, non deixa de resultar razoabelmente irrisorio o que os asesores do partido lle colocaron no seu folleto de apresentación: "Gallego y castellano conviven en nuestros barrios. Nadie quiere obligaciones, ni imposiciones. Tal es la mezcla que, muchas veces, no sabemos en que nos hablan (eis o coñecido barrio anglófono de Elviña ou o francófono de Labañou, ese é o problema. Que sabio es, Carliños!). El idioma no es una frontera, sino un puente entre los coruñeses. Pertenecemos a dos culturas (a saber: a española e a euronorteamerico-consumista tonecha). En La Coruña del siglo XXI confluyen las diferentes lenguas que hablaron nuestros antepasados y que, aquí, se hicieron amigas (isto é a irrisón). Lo seguirán siendo. Gallego y castellano seguirán enriqueciéndonos (cando menos fala claro, quere enriquecerse) y haciéndonos más gallegos, españoles y universales (e aztecas! por que non?. Ou se cadra inmortais coma Christopher Lambert).
Para rematar a obra teatral, afinal do folleto animan a participar nun concurso "Cómo te gustaría que fuera tu ciudad" e sortean 5 bibicletas de montaña. Que patriótico, como na Galiza hai montañas... téñeno todo pensado os amigos de Carliños.
O que non sei eu é como o Partido Galeguista (PG) puido cometer a infamia de apresentar este personaxe lamentábel e antigo (?) ultradereitista coma un dos seus candidatos, sendo como é un partido histórico do galeguismo político, e pergúntome que farían Alexandre Bóveda ou Castelao se visen en que se converteu o partido que fundaron. Que tristura!
16.1.07
|
|
Esta entrada foi adicionada o 16.1.07
Podes seguir qualquer resposta a esta entrada
através de RSS 2.0 feed.
Também podes deixar um comentário,
ou trackback desde o teu próprio web.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentários:
Enviar um comentário