Eeb espaço (des)natural

Pescanova (ou como fiscalizar o teu nacionalismo de salom e -já postos- foder o meio marinho com um riso nos beiços)

Artigo de Manoel Santos —biólogo, escritor e produtor editorial— em Vieiros (26/06/2009) [adapt. e extr.]

A empresa transnacional Pescanova, de orixe galega, está acusada en medio mundo de sobreexplotar bancos pesqueiros, de contaminar as costas, de esnaquizar a biodiversidade mariña e de contratar en condicións laborais abusivas, até negando dereitos sindicais.

A chantaxe: "Pescanova acaba de inaugurar o día 21 de xuño en Mira (Portugal) unha planta de cría de rodaballos. A devandita planta comezouse a construír cando, en 2007, o goberno galego entón compartido polo PSOE e o BNG, decidiu non permitir á empresa crear unha nova planta no cabo Touriñán, un espazo protexido da Rede Natura 2000. A reacción do Grupo pesqueiro que dende Vigo preside Manuel Fernández de Sousa foi inmediata: «Marchamos a Portugal», que na Galiza sempre representa, neste contexto, o Terceiro Mundo de Europa.

A deslocalización: "Para a planta de Mira o Estado portugués entregou a Pescanova –que se saiba– 45 millóns de euros en subvencións públicas directas –sen contar coas subvencións indirectas para melloras tecnolóxicas, infraestruturas de distribución, vantaxes fiscais…–, dos 140 millóns de euros do total do proxecto. Todo para criar, segundo a empresa, uns 200 postos de traballo –comezaron ofertando máis de mil–, aínda que en toda a costa galega pódese constatar que este tipo de plantas non adoitan empregar a máis de 50 persoas. Malia isto, facendo un rápido cálculo, resulta que cada emprego custou ás arcas públicas portuguesas nada menos que 225.000 euros, ou o que é o mesmo, Portugal pagará con cartos públicos o xornal completo dos traballadores e traballadoras de Pescanova –estimando 15.000 euros ao ano– durante 15 anos."

"Co cambio de goberno en Galicia, o PP ofreceu de novo a Pescanova violar o espazo virxe de Touriñán. Para que volvan á súa terra. Pescanova non o ve mal. Ao cabo, son dúas polo prezo dunha."

"Os postos de traballo de Pescanova, sempre menos dos que din e en condicións ben precarias, non só ameazan a nosa natureza e a nosa biodiversidade, esnaquizan os dereitos ambientais e sociais das poboacións máis vulnerábeis do planeta."

As prácticas: "Pescanova é unha depredadora, un paradigma da globalización e unha experta da deslocalización. A multinacional galega, cuxa estratexia é desde hai anos a de establecer empresas mixtas en terceiros países con regulamentacións ambientais, fiscais e laborais moi febles –ou inexistentes–, como Namibia (onde é o primeiro investidor estranxeiro), Mozambique, Chile, Honduras ou Guatemala (sen mencionar a vergoña de Portugal), contribuíu como ningunha outra a esnaquizar os caladoiros do mundo. Isto é o que denuncia Kiko Ortiz, do Observatorio da Débeda e a Globalización: «O modelo de empresas mixtas e venda de dereitos de pesca –aos que en moitas ocasións acódese para poder obter recursos e facer fronte así ao pagamento da débeda externa–, postas en marcha maioritariamente en África, saca á luz problemas de grande envergadura. En Senegal, por exemplo, este modelo eliminou en 15 anos a pesca local, e con ela o principal medio de obtención de proteínas nesta rexión de África. Acabouse co equilibrio sociocultural da rexión e co medio de vida de 47.000 pescadores artesanais en Senegal. E estes son procesos irreversíbeis que as empresas que os xeran non poden solucionar.»

O despropósito: "Ademais, Pescanova non só destrúe caladoiros, nin moito menos. A súa estratexia dende hai moitos anos vai tamén orientada á acuicultura e os impactos do seu modelo acuícola, sempre con plantas que son «as maiores do mundo», teñen efectos devastadores no medio ambiente e nas poboacións locais. Deste xeito, obscenos anuncios da empresa, como o da planta de lagostinos que hai uns meses inaugurou en Nicaragua, polo visto tamén a maior do mundo, ocultan por exemplo que a produción acuícola desta especie, que se fai no 99 por cento en países empobrecidos, acabou en 20 anos co 25% das mangleiras do mundo (datos de Greenpeace). Mangleiras que proporcionan pesca, leña, evitan a erosión da costa e garanten a biodiversidade de boa parte das rexións ecuatoriais do planeta."

"O mesmo acontece co peixe de moda, o panga, que Pescanova acaba de anunciar que producirá en Mozambique antes de final de ano. Sempre no sur. Como é o terceiro mundo non importa. «O mundo pide panga e Pescanova vaillo a dar», dicía de forma fachendosa Manuel Fernández de Sousa ante os medios de (des)información galegos."

O verán pasado a Cooperativa de Armadores de Vigo e outras asociacións denunciaban a presenza de panga nos menús dos nosos colexios, hospitais e residencias xeriátricas. O motivo? Primeiro que viña de fóra –o que podemos chamar nacionalismo económico por interese–, de criadoiros abominábeis no Delta do Mekong de Vietnam, pero tamén que en análises de laboratorio, 6 de 8 mostras adquiridas en supermercados galegos contiñan Listeria monocytogenes, bacilo causante da listeriose, e nunha delas a bacteria portadora do cólera (Vibrio cholerae).

Os impactos: "Os problemas ambientais xerados por estas explotacións acuícolas son incontábeis: contaminación xenética de poboacións silvestres de peixes, verteduras de antibióticos e deterxentes, introdución de novos parásitos e virus nas poboacións autóctonas, descartes de pesca abraiantes para alimentar os seus peixes de plástico –para producir un quilo de salmón en Chile empregan 5 quilos de xurelo, e o mesmo acontece co rodaballo de Galiza, pois tamén é unha especie carnívora–, contaminación extrema por producir toneladas de refugallos que en moitas ocasións non se tratan, etc."

Podes ler o artigo completo nesta ligaçom
Outras informações sobre este e outros temas vencelhados em pescarroba.net e altermundo.org

4 comentários:

Anónimo disse...

Malos pescanova... malos malos.

Anónimo disse...

fMxAlMhWo , [url=http://www.xvideos.com/video1851860/sunday_afternoon_love_making]Blond cutie Dori banged throughout big bathtub[/url] , xObZeOeCc, Blonde Shemale banging Brazilian young lady , DslrQKJqp, http://www.xvideos.com/video1851356/hot_babes_fucked_at_different_places Few screwing , dIyWqIrVx. fPiQpKkOg , [url=http://www.xvideos.com/video1851862/pantyhose_fuck]Very hot and naughty milf Tera Knightly[/url] , bOXfuHlrBI, Orgasm on the inside we need to shag , SfmpROQmz, http://www.xvideos.com/video1850982/heather_deepthroats_banana Medieval orgy , gZrPgUmTf.

Anónimo disse...

A few ameatuer latino young women are usually threw onto 1 another and also a fellow fucks both of them simultaneously [url=http://www.xvideos.com/video1777589/naked_twister_with_cute_and_naked_amateur_college_girls]jemeni booty chat[/url] How she tape down, african american bunny must have opted this even her own really azure outfit just isn't as many as nothing. Having seen the woman bday selection, you'll have to... , Slim College Teenager Using Rear end Over exposed home-made video clip of a man as well as person getting bright cautiously, missionary, unexciting sexual relations. http://www.xvideos.com/video1852481/babe_gets_fucked_hardcore Boobiechicks receiving shagged , Busty blonde milf Vicky Vette smothers the girl guy gadget inside her titties together with slobbers through out his particular wang.

Anónimo disse...

Olivia winter seasons getting Heavy Possibility a new blowjob earlier than this lady bounces along with his wang along with will get shagged doggy layout. [url=http://www.xvideos.com/video1668786/cock_fever]Alektra Blue's pornstar slit gets pounded[/url] Attractive redhead infant using huge all natural breast area deepthroated and even attached in her bearded punaani , Blonde stripper distributing your ex vagina upon strage Japan bonk rabbit squeals together with pleasure as your lover jumps as well as nibbles through out a huge heavy fleshy carrot http://www.xvideos.com/video1902911/tantra_sex sun786591882 , A sweet small wide throughout pigtails sucks some sort of tool for example this can be a cherry soda after which it will become bumped solid inside her tiny pussy.

Designed by Posicionamiento Web | Bloggerized by GosuBlogger