A última lea das Españas
1. Xorde a petición para lle poñer letra ao himno español
1.1. A SGAE requirida para procurarlle compositores/as,
1.2. Rajoy xa anunciou que vai apresentar a proposta no Congreso dos dePUTAdos,
1.3. Jiménez Losantos expón a súa teoría de que Xavi e mais Puyol, xogadores cataláns do combinado estatal de fútbol-11, dobran as medias de tal maneira que se non poida ver a bandeira española.
2. O ministerio español de cultura preséntase na "causa" para esixir os tesouros que unha empresa profesional ianqui recuperou dunha antiga embarcación do reino das Españas afundido en medio do oceano, xusto a carón de ningures -un pouco á dereita-, so o pretexto de que "o barco operaba ás ordes do Reino de España". En total 150 toneladas de moedas de ouro e prata. Hai quen di que eses achádegos deben ser reclamados para poder expoñelos nun museu... 150 toneladas de moedas.
2.1. O ministerio de cultura español, así como a Garda Civil do mar, alegan que non foron avisados, despois de que os "piratas" andaran a navegar 2 meses por mares próximos e estiveran por 30 días xusto na zona onde finalmente atoparon o barco. Parece ser que o ministerio de cultura tamén vén de denunciar Mario Picazo por non ter anunciado con suficiente antelación a chegada do verán.

3. O ministerio de cultura español (canta actividade ultimamente!) enfróntase dialecticamente á Consellaría de Cultura e Turismo de Castela-León pola autenticidade da espada do Cid Campeador, a Tizona, pola cal a devandita consellaría pagou 1,6 millóns de €.
Ensinanza final ou moral da historia: O nacionalismo rompe España

6.6.07
|
|
Esta entrada foi adicionada o 6.6.07
Podes seguir qualquer resposta a esta entrada
através de RSS 2.0 feed.
Também podes deixar um comentário,
ou trackback desde o teu próprio web.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
0 comentários:
Enviar um comentário