Vellos tempos, risos novos... As rebaixas (parte 2ª)
[e dous]
Nas rebaixas outra cousa que está moi ben é sacar a relucir as típicas frases feitas: "isto é xusto o que estaba buscando", "joder, só queda un xersei da miña talla, ten que ser algún tipo de sinal" ou "a ver se esa porca solta OS MEUS zapatos dunha puta vez... non ves que che quedan como o cu, camelo!".
Despois resulta curioso que en pleno verán poñan á venda prendas de pana ou de algodón do que pica en plan: é o que se está a levar agora na Arxentina...
Tamén resulta curioso que no medio de cen andeis con roupa do Centro Reto... digo con roupa retro, haxa unha impoluta e relucente de roupa de tempada... de tempada alta, claro. E que casualidade, arredemo!, que tremendamente curioso que esa é precisamente a roupa que todas as tías están desexando comprar. Xa van enfiando o andel desde 100 metros atrás en modo auto-convencemento: "é xusto o que necesito, xusto! outro par de zapatos iguais que os que xa teño pero en verde pistacho-mar, ideal para cando vaia ao campo ou a unha churrascada elegante pero á vez informal con ameaza de choiva nunha localidade de menos de 5000 habitantes. Son perfectos!". Son zapatos dos que elas chaman "zapatos de todos os días". E así é, exactamente todos os días no armario porque non lles dan con nada.
É como cando lles regalamos algo a elas e logo de 2 meses vémolo perfectamente dobrado no armario: oe, e non pos o pareo que che regalei, é que non che gusta? Que dis, encántame home! O que pasa é que iso hai que polo con algo especial que o resalte como se merece. Como non me vai gustar con esas figuriñas diminutas de "Bob Esponxa" formando a frase "I Love You" en plenas costas, a quen pode non gustarlle iso? E ollo, que para saber se de verdade lle gusta ou non, fixádevos en que como tampouco queren mentir descaradamente nunca empregarán palabras claras e inequívocas como "precioso" ou "bonito" senón palabras e frases ambiguas que elas dominan e nós non como: "é unha tea moi amorosa", "deste tipo de roupa non tiña nada, eh! "ou "é que me gusta tanto a bolsa que me dá pena usar o xersei porque a vou acabar tirando".
No mundo das rebaixas hai que dominar un pouco a xerga que se manexa. Por exemplo, para dicir "leva estes zapatos que non conseguimos vender nin de puta coña aínda que sexa obvio que che quedan pequenos" o que hai que dicir é: "leva estes zapatos lilas que quedan moi ben con saia de flocos e ademais non te preocupes porque estiran co uso". E entón unha muller se autoconvence: "é raro que "me queden ben estes zapatos" da 36 cando eu uso a 38, pero bo, se estiran malo será...".
Despois resulta que hai pezas que son de "entretempo", que significa que se poden pór entre nunca e pouco tempo, porque ou vai frío ou demasiada calor para poñelas.
Unha persoa normal pensa que as cousas que non se venden porque teñen algunha tara ou están fóra de tempada só se poden adquirir nun "outlet" ou no Corte Inglés de Altamira, pero iso é falso: esas pezas saen á venda nas segundas rebaixas.
As segundas rebaixas son como o iogur caducado de 2 semanas, aínda que desconfías un pouco ao final cómelo igual por non tiralo.
E é que nas segundas rebaixas xa se pon todo á venda: roupa de la, de licra, de pana, de coiro, de algodón, de nenos, brazos humanos... o que sexa. O caso é canta carne de cabalo a piques de caducar estamos dispostos a comprar por 1€...
As rebaixas son así, se custa 10€ non preguntes, compra ou morre!
12.7.08
|
Etiquetas:
As rebaixas
|
Esta entrada foi adicionada o 12.7.08
e está classificada sob as "etiquetas"
As rebaixas
.
Podes seguir qualquer resposta a esta entrada
através de RSS 2.0 feed.
Também podes deixar um comentário,
ou trackback desde o teu próprio web.
0 comentários:
Enviar um comentário