Vellos tempos, risos novos... As rebaixas (parte 1ª)

AS REBAIXAS

Onte fun ás rebaixas.

Para ir ás rebaixas con perspectivas de éxito hai que cumprir cun ritual moi sinxelo que consiste no seguinte:

1º non ducharse en 14 días para asegurarse un bo posto na grella de saída das velliñas: que tal avoa?! Acábame de dicir o garda xurado que en obxectos perdidos atoparon a súa próstata. Hai cada un collendo cada merda do chan...

2º facer unha lista das cousas que non necesitas para atopalas todas e mercalas ao mesmo prezo de antes, máis 5€ menos 5€. Isto é así: ti sabes que unha peza de merda que levas mirando 7 días consecutivos a ver se alguén a move da terceira percha comezando por atrás vale 30€, dous días antes de que comecen as rebaixas desaparece da percha e aparece outra vez o primeiro día das rebaixas pondo na etiqueta: antes 35€, agora 30€. E ti: gangazo!! Hahaha!! Convertireime no envexado líder do meu grupo de amizades con este xersei de rombos de "Pull & Bear" que seguro que non leva ninguén máis na cidade!

O mellor das rebaixas é que podes facer o que non che deixaron facer nunca na casa: non recoller o que cae ao chan. Porque os xerseis de punto caen ao chan como unha árbore que cae no medio dun bosque, ninguén pode demostrar se fan ruído, así que pos cara de: bo, malo será que me viran entre 200 persoas dándose de hostias por unha camisola de puta licra rebaixada a 1€... Por se acaso che quedasen dúbidas, automaticamente afiánzaste na túa postura co clásico razoamento: joder, eu déixoo todo engurrado, suado e cuspido debaixo doutras pezas diferentes a 6 metros de onde o collín porque para iso están as rapazas que curran nestas tendas non? Para fod... digo para colocalo.

Outra cousa divertida das rebaixas é atopar o pantalón da túa talla debaixo dunha morea de 60 pantalóns. Nestes casos prodúcese o efecto do clásico truco de retirar o mantel sen quitar os pratos e as copas... o clásico truco de guindar toda a merda ao puto chan, refírome.

Pero o que sen dúbida é máis divertido é comprobar as diferenzas entre as rebaixas para un home e para unha muller.

Un home nas rebaixas é máis ou menos o seguinte: ola, canto custa este suadoiro? 80€. Canto custaba antes? 20€. E entón que carallo de rebaixa é esta, puto merdas? É que é o suadoiro que leva Rafa Nadal no portaluvas do seu coche para poder mear nel sen ter que baixarse do vehículo... Déame 10! E unha talla "M" para cando dea froito o traballo de ximnasio e baixe peso, que xusto agora veño de reapuntarme e desta vez si que non fallo...

A lendaria ignorancia masculina aínda é famosa entre os asiduos ás rebaixas, sobre todo cando se vai de compras en parella: Onde vas con tanta présa? Vou á sección de pescozos de barco. (Joder, a ver se me leva por fin á sección de tetas de cantimplora que me vou fartar a mirar de esguello sen que se me note o máis mínimo... Mecaghiná, menudo cuazo!!)

Tamén ten a súa coña cando a típica guapa vai de compras coa súa mellor amiga, a gorda entrañábel, e a única que se proba roupa é a guapa; a gorda só fai de colgadoiro e colócase en modo "mono-frase": estás guapísima, quédache perfecto, jo que corpo tes! A amiga guapa é sincera ata a crueldade: ui!, con ese vestido pareces máis gorda do que xa es! E cando se xunta cunha das mozas do Bershka son como dúas prostitutas de luxo pensando canto lle van cobrar ao alcalde de Ortigueira, que lles dá o riso nervioso case: mira, non terás algunha talla "especial" para a miña amiga? Ui, non che sei, que talla é esa que leva posta, a 48??... Non, a 44 (di a entrañábel "bella Easo"), é que non sei, para min que esa cor non che senta ben, non che gusta máis aqueloutra que case non se vende?, ou se non, proba estoutra camiseta, é de fóra de tempada, mais a verdade, para ti... que xa estás fóra de tempada sempre... toma!?... Isto é unha funda de paraugas! E a amiga "cachondita": ai!, pero a cor favoréceche a pel unha chea, como cha tapa case toda... próbao, que mentres vou probarme eu os teus pantalóns de antes para que vexas como se supón que teñen que quedar...

[...]

2 comentários:

Anónimo disse...

I lοve геading аn article that can mаke peoplе think.
Αlso, many thanks foг аlloωing me to
commеnt!

Ηаve a lοok at my wеbsite: payday loans

Anónimo disse...

Hello to all, the cοntents еxisting
at this wеbsite are genuinely awesοme
for people knowledge, well, κeeρ up the nice work fellows.


Feel fгeе to visit my blog - payday loans

Designed by Posicionamiento Web | Bloggerized by GosuBlogger