Por que já ninguém pide sal ao seu vizinho?
Porém, o de perguntar pelo tempo nas curtas e inquietantes viagens no elevador ainda segue vigente.... que mágoa!
17.1.07 | | 0 Comentários
Subsección: Os meus grelos contra os teus repolos (o caso é protestar)
Hoxe síntome combativo, daí que tras a criación da sección Mais como Rexurdimento?, de crítica "contra todo dios", nace, na mesma data, esta subsección Os meus grelos contra os teus repolos (o caso é protestar) que bebe da mesma filosofía, mais cunha visión do mundo en chave galega (nin sei ben que carallo significa iso...).
"Defiendo la libertad de todos para hablar en gallego o en castellano y reclamo mi libertad para hacerlo en castellano y sentirme, por supuesto, un buen gallego. Quien no lo entienda, no entiende el sentir de muchos coruñeses" (Moi ben Carliños, daquela fica claro que ti es un bo galego deses que rexeitan exprimirse no idioma do seu país. Se te entendemos perfectamente Carliños, a ti e a moitos coruñeses de que estás a falar, se xa vos coñecemos dende hai tempo).
Xa dentro do folleto (cuxa lectura vos recomendo imensamente se o atopades por aí) todo vén en castelán (de conformidade co exposto polo Carlos, un deses tipos con apelido en forma de nome propio que despista que non vexas), todo... menos unha parte: a que ten a ver coa seguridade cidadá (igual hai que usar o galego para temas áridos que se relacionaren coa delincuencia e o atraso e reservar o nobre idioma do Imperio Pequeno para fins máis elevados).
Para rematar a obra teatral, afinal do folleto animan a participar nun concurso "Cómo te gustaría que fuera tu ciudad" e sortean 5 bibicletas de montaña. Que patriótico, como na Galiza hai montañas... téñeno todo pensado os amigos de Carliños.
O que non sei eu é como o Partido Galeguista (PG) puido cometer a infamia de apresentar este personaxe lamentábel e antigo (?) ultradereitista coma un dos seus candidatos, sendo como é un partido histórico do galeguismo político, e pergúntome que farían Alexandre Bóveda ou Castelao se visen en que se converteu o partido que fundaron. Que tristura!
16.1.07 | | 0 Comentários
Nova Sección: Mais como Rexurdimento, cal... o de Leyma?
Enfin, pareceume necesario incorporar para o Blogue este espazo de innecesariedade vital.
Hoxe comezarei pola seguinte cuestión: Por que no Imperio Pequeno, cada mudanza de lexislatura implica mudanzas do ponto de vista da "educación" que nunca funcionan?
Resposta: Hai varias respostas posíbeis, todas vencelladas coa ineptitude dos ministros/as responsábeis en cada momento, mais eu opto polo seguinte razoamento:
1. O ministerio de educación chega á conclusión de que a educación vai mal (isto repítese cunha frecuencia tan mecánica que chega a ser ridículo).
2. O ministerio prepara as súas mudanzas, que poden ser de dous tipos dependendo da "cor" do goberno e a súa interpretación da realidade:
2.1. Goberno de dereitas
2.1.1. Darlle máis poder a Franco... quer dicerse, ao director do Instituto/Campo de Concentración.
2.1.2. Considerar que o núcleo familiar permanece inalterado dende os anos 40: o pai traballa, a nai traballa na casa sen remuneración pois é o seu deber e os/as fillos/as son unidades de aprendizaxe cristiás que xogan ás tabas e aos "mádelmans" e idolatran os seus proxenitores.
2.1.3. A xente é parva, é necesario manter a súa incapacidade para que nunca se fagan perguntas e acepten a divindade dos seus mandatarios.
2.1.4. A letra con sangue entra (a do automóbil e mais a da vivenda si, sen dúbida, e provocan hemorraxia interna). A cultura do esforzo non existe, existe o esforzo obrigado de esforzo para a consecución dos coñecementos de obrigada aprendizaxe á forza so pena de ser un paria social que traballe de peón (o único dano colateral que segundo a dereita trouxo o benquerido sistema capitalista e neoliberal. Agora os ricos teñen máis, que é o que interesa, mágoa de que os merdas dos traballadores non paren de reproducirse apesar de que lles vaian retirando paseniñamente o seu horizonte de benestar).
2.1.5. Para que investir na educación pública se os nosos fillos/as van ir a coles privados, se pode ser fóra de España mellor.
2.2. Goberno de esquerdas
2.2.1 Somos progres, hai que levar chaqueta con reforzos de coiro nos cóbados e lentes de pasta ao saírmos na tele.
2.2.2. As crianzas son pequenos deuses que interaccionan co mundo que os arrodea como se fosen faunos ávidos de coñecemento. Mais este coñecemento non debe ser automatizado nin mecánico, a sabedoría ten que fluír das árbores, das flores e dos remuíños de vento. Todo ten que ser cósmico-magnético, misterioso e libre de trabas, sen estorbos metódico-actitudinais.
2.2.3. O alumnado aprende empírica e libremente, cando lle peta, cando o necesita. Non se pode forzar os rapaces e rapazas a aprenderen so unha perspectiva de autoridade inmanente que non se xustifica racionalmente segundo as leis da ética humanística.
2.2.4. Se en Suecia non hai fracaso escolar, imos copiar o seu sistema, aínda que en España non vaia tanto frío, non haxa apenas tradición nin seguimento dos desportos alpinos, non se leven gorros de la durante todo o ano e, porén, si haxa precariedade laboral, problemas coa integración dos inmigrantes e o estado viva principalmente do turismo como é propio dos territorios subdesenvolvidos.
2.2.5. Para convencer da bondade dos nosos argumentos, imos propiciar debates na tele e imos convidar "expertos na materia" que nos iluminarán coa súa sabedoría ("O problema é de todos", "A violencia non está só na escola senón en todos os ámbitos da sociedade", "Imos fornecer un ambiente de cordialidade tácita na escola baseado na aceptación multicultural e o respecto da alteridade", "É mellor construír dende a verbalidade racional que dende a asunción de roles impostos externamente", "Hai que ensinar a xuventude a discernir os elementos produtivos dos perniciosos na sociedade da información" e outros "haiqueísmos" de fermosísima abstracción).
3. Interludio. O goberno chega á conclusión (internamente) de que o seu sistema introduce melloras evidentes e indiscutíbeis e o adopta unilateralmente (os de dereitas máis unilateralmente que os de esquerdas normalmente, isto é, emendas aceptadas polo PePe dos demais partidos: 0 de 13.445 (tamén chamado "estratexia de vai-tomar-polo-cú-mamón). Emendas aceptadas polo P$OE dos demais partidos: a metade (é dicer, que o seu sistema era boísimo, pero practicamente rematan por refacelo nos trazos máis importantes. Iso si, non se nota porque poñen palabras propias traducidas doutras linguas e asinan cos seus nomes).
4. Sexa quen for o goberno o resultado é o mesmo, con consecuencias diverxentes:
4.1. O PePe adopta a reforma, sen consultar ninguén especializado na materia (pedagogos, colectivos de ensino, profesorado e caisquer outros especialistas). Todo dios está en contra, hai manifestacións, cartaces a manta, de todo... e como quen oe chover. A reforma é aprobada.
4.2. O P$OE adopta a reforma. Como son progres todas e cada unha das críticas saen na televisión, na radio, nos xornais porque "hai que ser tolerantes". Se hai 50 críticas rematan por semellar 1.500. Mais como hai que integrar todas as opinións... (Co PePe non hai ese problema, cando lle perguntan a un/ha dirixente da dereita: "van seguir adiante despois da masiva resposta en contra do proxecto?" a resposta é doada: "non hai ninguén en contra, iso non se corresponde coa realidade. Todo o mundo apoia esta reforma. Ninguén levou cartos de Terra Mítica. É máis, quen é Cacharro Pardo e por que xa ninguén fala del?...").
5. Conclusións finais. En definitiva, os acordos adóptanse sexa como for e punto. E agora vén o problema:
Quen ensina o profesorado a desenvolver a súa docencia? quen o prepara? quen lle dá ferramentas para atender a diversidade que tanto ben fai á humanidade se o/a fulano/a que sacou a praza de historia nun instituto en Viana del Bollo porque sabía moitísimo da Idade Contemporánea e lle caeu o tema do período de entreguerras na oposición, non ten nin puta idea do que é a docencia porque ninguén lle ensinou sequera catro nocións para enfrontar unha aula de adolescentes? Como é posíbel que o profesorado (xa se tratar de funcionarios ou non) aínda manteña maioritariamente actitudes de desrespeito coa súa profesión que os levan a perpetuar frases como: "ai! a min de computadoras non me fales que non sei nada de nada, son burra/o de todo!"... risas (propias e as máis das veces secundadas polos compañeiros e compañeiras... son inútil e estou orgullosa/o, bravo!). Quen pode explicar que profesorado foráneo sen coñecementos do idioma propio do noso país faga unha substitución na materia de lingua e literatura galega? (e isto seino por un caso verídico). Non hai ninguén que se dea conta de que non se poden facer mudanzas de costas ao colectivo que as vai ter que aplicar? Sobretodo porque se non contas con ese colectivo, vaiche mandar a tomar polo cú. Por que seguimos a obviar que quen aproba unha oposición pode saber moito da Lírica Medieval na literatura galega, e nada de como facer que o seu alumnado se interese por esa materia? Por que mirar para outro lado cando a xente opositora di: "eu quero ser funcionario/a do ensino porque cobran ben e teñen moitas ferias".
En verdade é necesario facer mudanzas que non van ser seguidas na práctica pois todo depende das capacidades de cada "unidade" do sistema (re)criado, que nunca chega a asimilar os cambios? Ou o que é igual, por que confiamos na xente?
16.1.07 | | 0 Comentários
Monólogo adiado
Sede pacientes!
Saúde!
11.1.07 | | 0 Comentários
Aviso!
Por última vez y no aviso más: los jerseys de rombos los llevaba mi abuelo.
(Colectivo Anti-Modas Porque-Sí)
6.1.07 | | 0 Comentários
Publicidade choqueira
Cien millones de gilipollas en todo el mundo no pueden confundirse... Tunea a tu madre!!
5.1.07 | | 0 Comentários
Mundo "canhí"


A presidenta da Comunidade de Madriz cobra ao ano 100.742,91 € (8.395, 24 € ao mês). Ou o que é o mesmo, em moeda antiga do Império Pequeno: 16.762.209 ptas. ao ano (1.396.850 ptas. ao mês).
Por que é que a gente se complica tanto á hora de fazer rir?
(Esta notícia está patrocinada pelo Comité para a Organizaçom da Volvo Ocean Race no rio Mançanares. Se o vosso dinheiro é nosso, e o nosso dinheiro é nosso, por que nom?... Inventade uns Reis Católicos e deixade de chorar, filhos de puta paifocos do caralho.)
5.1.07 | | 0 Comentários
Análises Cinematográficas
Banderas de nuestros padres
Director: Clint Eastwood (Clinio Madera del Este).
Interpretación: no sale nadie conocido.
Sinopsis: Los soldados no hacen falta.
Crítica: Los soldados no son héroes. Si uno va a la guerra ya sabe lo que hay. Si alguien se muere no hay que llorar, hay que preguntarse si se merece que se le recuerde positivamente.
Por último, las películas sobre sucesos de la historia yanki tienen que soplarnos los huevos a todo el resto del mundo. Si los gallegos no queremos ver Luar porque es folk-lore rancio y no queremos saber nada de la gaita, ni del gallego, ni de la cuota láctea, ni de la reconstrucción (= destrucción) naval, ni de Castelao porque "son paletadas de gallegos para nacionalistas pailanes", pues entonces ¿por qué cojones tenemos que saber que 5 mamones izaron una vez una bandera en un puto monte?
Valoración de Espazo en Branco: 0 Pako Vasques sobre 5 (y no sólo no la he visto sino que no pienso ni bajarla)
4.1.07 | | 0 Comentários
Análises Cinematográficas
Director: Oliver Stone (Oliverio Piedra)
Interpretación: Nicolas Cage (Nicolás Jaula) y otros que hacen de chicanos (bueno, ya lo son, pero es importante para la película porque hacen de polis no corruptos -en principio-)
Sinopsis: Atacan las Torres Gemelas y los policías van a salvar a la gente con pistolas, placas de policía y sus conocimientos en el Gatekeeper y multas de aparcamiento. Le cae encima un edificio a toda la tropa (evidente) y quedan vivos Nicolas Cage (John McLoughlin) y Michael Peña (Will Jimeno), agonizando entre los escombros mientras hablan de pornografía en Internet y discuten sobre el mejor sabor de zumo de naranja del mundo. Por supuesto los encuentra un marine retirado que lleva una gorra. Al final los sacan, o sea que en resumen la patrulla de policías no salva a nadie y tienen que salvarlos a ellos.
Crítica explícita: Como ya de antemano sabemos el final se echa en falta alguna cosa imaginativa para amenizar la historia, como un polvo entre hermanos siameses o un concierto de El Fary.
Valoración de Espazo en Branco: 1 Pako Vasques sobre 5
3.1.07 | | 0 Comentários