Chema, alumno de Secundária

Feliz dia! Volta Chema, o irreverente e surpreendentemente realista aluno de Secundária, quem deixa atrás os seus já obsoletos problemas matemáticos para abraçar a mais variada das casuísticas escolares. E volta para ficar entre nós um bom anaco, a compartir as vinhetas dos venres com o Sr. Cactus e o Pastel Filósofo. Preparai-vos para as grandes ocorrências deste rapaz de entre 13 e 24 anos, cheio de testosterona, feromonas, hormonas e outras cousas divertidas terminadas em -ona como Maradona ou Patadaenlacona! ESO 4ever!

E hoje deixo-vos com o novo tema dos britânicos Underworld. Logo de 15 anos terem se passado desde o seu debute, pouco imos descobrir agora deste duo de música eletrónica que edita nestes dias o seu oitavo álbum de estúdio, Barking, em que dão cabida às colaborações de reconhecidos artistas da cena eletrónica como Paul Van Dyk, Dubfire ou Mark Night & D. Ramirez. Ainda não tive tempo de escoitar o disco inteiro, mas dá-me a impressão, infelizmente, de que os quartos puderam mais esta vez do que a inspiração. Espero trabucar-me, polo bem dos clássicos.



Boa fim de semana!

3 comentários:

Anónimo disse...

por que non me deixa subir a viñeta de chema ó feisbuc? (marquiños)

comiK.O. disse...

Dáme máis datos Marquinhos. Eu non teño Feisbuque, mais se premo no botón que di "Gosto", afinal da mensaxe, lévame ao menú de introducir o usuario e o contrasinal.

Non che deixa partillar a viñeta a partir de aí ou xa non che deixa entrar?

Detállame o problema como se eu fose Quintanilla, coa súa unha incapacidade mental evidente. A ver se así damos co problema.

Apertas!

Anónimo disse...

cando lle dou no sinal "+" que me leva a compartir en facebook enviame a unha paxina de facebook onde xa podo escribir o comentario persoal e escoller a imaxe para colgar en faceboox.
Cando xa remato e doulle a compartir finalmte saeme esta mensaxe:Este mensaje incluye contenido bloqueado que anteriormente se denunció como ofensivo o correo no deseado. Ponte en contacto con nosotros si crees que se trata de un error.
Dache a opcion de clicar enriba de "ponte en contacto con nosotros" para darlles explicacions.
Agur

Designed by Posicionamiento Web | Bloggerized by GosuBlogger