Me lo dijo Jabo (Pozo-Neno Pozo-Neno)

Assim que afinal Jabo sabia mais do que parecia...


Antecedentes: Mira que te doy con el acimut del acicotén... (Jabo dixit)

Azimute s. m. (1) Astron. Distância angular medida sobre o horizonte, a partir de um ponto de origem, geralmente o sul, no sentido das agulhas do relógio ou no sentido inverso, até ao círculo vertical que passa por um ponto dado da esfera celeste. (2) Ópt. Ângulo entre a perpendicular ao plano da incidência e o plano de vibraçom de uma radiaçom electromagnética planopolarizada. (3) Geom. Nas coordenadas esféricas, a coordenada angular definida pola família de superfícies cónicas [ár. as-simut]. (Dicionário Estraviz)

O acimut é o arco do horizonte entre o punto norte e o círculo vertical que pasa por un corpo. Mídese desde o norte no sentido das agullas do reloxo, de xeito tal que o norte é 0º, leste 90º, sur 180º, oeste 270º e outra vez norte 360º. (Wikipédia)

Acimut. (Del ár. assumūt, pl. de samt). 1. m. Astr. Ángulo que con el meridiano forma el círculo vertical que pasa por un punto de la esfera celeste o del globo terráqueo. (Dicionário da Academia Espanhola)

No Dicionário da Academia Galega nom vem nada porque estam a dormir até que se passe a moda de falar em galego em ámbitos externos às tascas e até que os lussistas morram para poder ir de canhas com os da Academia Espanhola...

NOTA: Algum dia saberemos algo sobre o "acicotén"... algum dia...

Más risas que dolor...

Espazo Em Branco Más Risas Que Dolor Presenta...

Encontrei hoxe este papelote na caixa do correo e non ten desperdicio. Imos aló...

1) Profesor Mane (no será que se llama Manuel, pero aún no sabe escribirlo bien?).
2) Venido del Centro más importante de Astrología Africana.
2.1. Había un centro de eso?
2.2. De hecho hay uno que es el más importante de todos??
2.3. Y ese centro es...???
3) Espiritualista y científico (un poco de todo, por si hay algún astrofísico desorientado, para ganarse su confianza. Carpintero vende entre los cristianos, ahí no estuvo fino Mane) con conocimientos y poderes (conocimientos como espiritualista y poderes como científico, no? Por orden de asignación...).
4) Ayuda a resolver problemas difíciles o graves (entre poner la lavadora con centrifugado y encender la radio del coche anda la cosa) en menos de 48 horas (y eso son 2 horas o 47 y media?).
5. Especialista en todos los problemas (joder, vender hay que reconocer que se vende bien el Mane).

Y ahí vamos con lo bueno:
Los primeros problemas son los de siempre, muy manidos, los mejores son los poco habituales...

6. Envidia (Cuál me ayudas a resolver Mane, la mía hacia los demás o la de los demás hacía mí? Que si es la de los demás digo yo que a mí me sopla la polla no? Total no creo que me entere, que la envidia no es como el fútbol, que se suele hablar en las tascas... no?).
7. Justicia (Quiere decirse que también eres abogado Mane, o es que tú vas al estilo sicario portugués, que si hay que partirle las piernas a alguien por "justicia" -y un bocadillo mortadela con aceitunas- se le parten?).
8. Protección instantánea y visible contra el mal (Mane, creo que no te convendría anunciarte como traficante de armas en los buzones de la ciudad, eh! Yo lo digo por ayudar...).
9. Atracción de clientes (sexual? con imanes? Bueno, lo que está claro es que si alguien va a verte ese punto ya no te lo puede rebatir, porque está claro que atracción habrías conseguido. Mientras no sea la policía...).
10. Alejar y aproximar personas amadas con rapidez (en principio a la gente le va a interesar lo de aproximar, eh Mane! para masoquismo ya están las putas de pago, que por 60 € te dan hasta debajo del ojete).
11. Impotencia sexual (me gustaría saber cuál es tu método, eso sí, si haces un documental y lo pones para bajar con el Emule mejor).
12. Vicios de drogas (joder Mane, brigada antivicio también! Qué crack...) alcohol y tabaco (estas no son drogas para Mane... venido desde África normal, no las reconoce como drogas porque no las probó en la puta vida, sólo la mierda reseca de camello. Es caro el tratamiento para desintoxicarse de fumar mierda reseca de camello con hierbas africanas, Mane? Porque aquí sólo tenemos la camomila, los champús del Eroski y poco más).
13. Mal de ojo (O sea orzuelos, creo que para eso ya venden productos en la farmacia, Mane...).
14. Lee la suerte (Acojonante! Lee la suerte! O sea, que coges el periódico y nos lees la predicción, no, Mane? Cuánto es la minuta por el recital?).
15. Ofrece previsiones de la vida (A ver, previsiones en general? Algo así como... Un día lloverá. La gente mayor se seguirá cayendo por las escaleras. El invierno será frío, pero el verano, no. Muchos pronunciarán la letra "p" los próximos años... Si se me da bien y todo!).
16. Abierto todos los días de 9:00 a 20:00 (Y tu consulta está en?... Joder Mane, qué despiste!).

El teléfono os lo borro que aún hay alguno que es capaz de llamar.

La vida es una tómbola, tom-tom-tómbola, de luz y de coloooooooooooooooooooooer

(Em Jogo Barcos) A repetiçom das melhores jogadas

Bom artigo de Xavier Vázquez Pumariño em Vieiros.
Volvem as infâmias. Esperpéntico...

Agora o problema chámase Ostedijk

Xavier Vázquez Pumariño (21/2/2007).

O "problema" adopta diversos nomes de xeito periódico pero fundamentalmente sempre é o mesmo: fronte as costas galegas hai en todo momento circulando unha media duns 120 grandes buques e algún deles sufre periodicamente algún tipo de incidente de menor ou maior magnitude; uns 20 buques levan substancias perigosas. Ata aquí todo dentro do previsible e do común. Logo, todo depende da pericia dos gobernantes para converter o incidente en problema e incluso, como se fixo co Prestige, converter o problema en catástrofe.

Hoxe o problema chámase Ostedijk e cun pouco de maior impericia podermos convertelo en catástrofe. A estas alturas, tras o Prestige, é absolutamente inadmisible o que está a pasar; antes da citada crise, a Unión Europea confeccionara dous paquetes de medidas, Erika I e Erika II, de gran transcendencia. Entre as medidas mais importantes que se deberían ter tomado está a da definición, por parte dos estados membros, duns espacios coñecidos como "lugares refuxio". Estes lugares son áreas tranquilas onde resolver incidencias en función da natureza das mesmas, salvar vidas, salvar o buque e a súa carga e evitar a contaminación do medio mariño e litoral e problemas para a poboación. En calquera caso a solución universal é abrigar o buque, traelo a costa, polo que calquera decisión que non vaia nesta liña estaba e está, simplemente, fora de lugar. Cando o goberno de Aznar se atopou co Prestige, por suposto o estado membro non tiña feita a definición dos lugares refuxio nin nada.

Tras a catástrofe do Prestige creouse unha comisión temporal sobre seguridade marítima, que abondou en moitos aspectos técnicos, e xa no 2004 un real decreto recollía moitas das medidas propostas así como recomendacións da OMI (Organización Marítima Internacional). Hoxe, non saben moi ben que facer co Ostedijk e a súa carga porque nin as Directrices comunitarias, nin as recomendacións da OMI, nin os RD propios foron desenvoltos por completo, particularmente no que respecta aos lugares refuxio (non confundir co inexistente concepto de "porto refuxio" creado, que se saiba, polo PP, o grupo de comunicación de sempre e o ex-alcalde de A Coruña para xustificar o inxustificable porto exterior coruñés).

De ter feito os deberes, delimitado os lugares refuxio e estar estes dotados de medios e persoal, simplemente con que calquera seguira o protocolo, o incidente actual estaría resolto de xeito inmediato, sen revoltixo mediático, sen alarmar a poboación e, dende logo, sen darlle posibilidade a alcaldes como o de Viveiro de soster posturas que teñen máis que ver coa proximidade das eleccións municipais que co comportamento responsable e solidario dun cargo público.

Claro que de ser así tamén nos teríamos perdido a revelación do ano, o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, mestre da metáfora, que decidiu "mover o barco en vertical" (sic), non se sabe se cara a estación espacial internacional ou cara ao Prestige, e que fala de como está o "clima marítimo de la zona" demostrando que as deficiencias na Educación Primaria xa comezaron hai moitos anos. A min lembroume de xeito inquietante ao seu predecesor no cargo, Arsenio Fernández de Mesa.

Xa, falando do "problema" actual, o lóxico é que o buque estea nun lugar abrigado. A mellor opción, agora, o porto de Alcoa, e unha vez alí, facer as cousas con calma, é dicir, enfriar a carga, extraela e tratar os residuos. Que ninguén se asuste, só se trata do fertilizante das patacas como moi ben sabe Pinto de Herbón que tiña unha animada canción sobre tan rendible producto. Dende logo, regar con chorros de auga non serve de nada inda que nos telediarios queda espectacular. A opción máis lamentable sería tirar ao mar parte da carga nunha zona próxima á costa, idea absurda pero que temo que estea a pasar por algunha cabeza neste momento.

Na miña parroquia xa estamos apostando uns churrascos, de momento as opcións de que o barco vai afundir e/ou que van tirar a carga, gañan seguidores.

Eu aposto por mais risos e mentiras já antes visitadas. Mais tranquilos/as, aqui o importante é o Estatuto Catalám, o novo ministro de justiça, a militar morta em Iraque, a crise do Madriz, a ilegalizaçom do Partido de las Tierras Vascas, Paco "el" Pocero, a retirada do projecto de lei do vinho espanhol e a mãe que @s pariu a tod@s.

Sí... pero no

El del medio es uno, el de la derecha es otro (que parece despistado), pero el de la izquierda es Beckham. Por qué?

Petiçom pública

Por favor, deixade de comer-vos as polas na minha presença. Graças!


Comité anti-perdedores/as do ocidente europeu e contorna

Nova Vinheta: As aventuras linguistico-choqueiras de Tojeiro e Caffo

Boas! Hoje é um dia agridoce, como todos. Mas a parte doce pom-na a notícia do nascimento duma nova vinheta de humor (?) gráfico que vos traio com todo o meu carinho e paranoia delirante.
Tojeiro e Caffo som, com efeito, um livro (creio que, mais concretamente, um livro de Conhecimento do Meio do 2º ciclo da ESO) e uma cafeteira (uma cafeteira das clássicas, como é evidente). Tojeiro é um pequeno livro enchido de ilusons, que descobre o mundo a cada passo, mas a quem lhe falta ainda a formaçom necessária para integrar as livrarias do país (ele intenta-o, que conste). Caffo, no entanto, é uma cafeteira clássica, das que sempre dixo La Coruña, dessas que nom falam galego porque o "estropeam". Assim que feitas as presentaçons, velaí esta simpática e singular parelha. Graças às musas pela inspiraçom.


Atençom!!! (2ª Parte)

Há umas poucas semanas alertava-vos sobre um novo perigo que se cernia sobre as nossas cabeças, quando Chuck Norris deu em ameaçar novamente o voo das nojentas gaivotas, a paz dos absurdos taberneiros traficantes de licores e toda essa gentalha de palito na boca.
E quando ainda nom somos capazes de dormir sem mirar antes baixo a cama, sem abrir e fechar as portas do armário um par de vezes, quando ainda nom somos donos da nossa própria paz nem da nossa tranquilidade e descanso, justo neste intre de dúvida e terror, chega o aluno, o aprendiz avantajado, o atomizador definitivo: Stigal!!
Correde! Podem estar buscando um piso em alugueiro perto do vosso bairro! Nom miredes atrás. Procurade o pam noutro sítio! Vivide!!!



Mentiras, infâmias, arrecaralhos e outras calúnias

Vou ser muito breve. Cada vez gosto menos da política, e por extensom odeio todos os que se autoproclamam próceres da pátria, odeio os caluniantes encobertos, os mentiráns de taberna com palito pegado no beiço inferior, as ovelhas com pele de lobo (castrado, isso sim); odeio tamém os obtusos que falam de ouvido repetindo umha e outra vez as "verdades" que lhes aprenderom outros ruminantes de pança ofensiva e grosseira e ideias escuras e paifocas. E digo isto porque o que sem dúvida nom dou soportado, porque é case que contranatura, é a agressom ao pensamento livre, ao pensamento "objectivo" (na medida em que coma pequenos seres simpáticos do Planeta Água podemos chegar a alviscar ou intuir), sem prejuízos, sem ligaçons desonrosas nem dívidas de nenhum tipo, sem sucumbir às promessas de enchido de bolsos com o bem-estar corrompido e vazio dos que se dizem "classe dirigente" e nunca deixarom de ser os magnates do opróbrio, a desvergonha e a ignomínia.

E afinal nom dei sido tam breve como gostaria de ter sido. Mas remato. Há pouco que um grupelho relativamente numeroso de bois e ovelhas (dito assim, sem respeito nenhum porque o nom merecem) saiu às ruas da capital do Império Pequeno a pedir que nom se negocie com a ETA em seu nome (e quem caralho som eles pergunto, gente que ama o ódio, que sobrevive mal que bem graças à genreira e ao rancor que querem perpetuar em todo o mundo; moitos e moitas dos quais se declararám afinal cristians, a pesar de tudo, cabrons...). Essa gente que saiu à rua para nom-sei-que-collons-de-defesa das vítimas da violência terrorista e acabarom por entoar formosos cânticos de paz e amor como os que reproduzo a seguir:

"Ay Pepiño, Pepiño, Pepiño.
Ay Pepiño que noble es tu fin,
que la ETA nos mata, nos mata.
Ay qué coño! Que empiecen por ti"

"Za-pa-tero, al hoyo con tu abuelo... Nazi!"

preciosas notas de reminiscências angélicas que os manifestantes adicarom ao presidente do estado espanhol e a um outro dirigente do P$OE, José Blanco. E isto nom deixaria de ser umha asneira mais dalgum palhaço sem cabeça (e pido perdom sincero aos palhaços do mundo) se nom for pelo descarado e maniqueu doutros que tenhem a sorte (a desgraça para muitos de nós) de que lhes ponham um micro diante dos morros para enlama-lo com merdadas.

E agora sim vou terminando. Um tal Mikel Buesa, presidente do foro de Ermua (soa a concurso râncio de violaçom de mulheres da 3ª Idade), iluminou o Céu desde a terra com um exercício do que eu pensei nunca chegaria a ouvir com tam alto grau de normalidade que até parecesse um vão intento por colher as estrelas com as maus o simples feito de parar-se a reflexionar sobre isso. Porque a anestesia que emana do poder produz infradesenvolvemento no juízo crítico da gente. O paupérrimo senhor da protecçom dos que o nom solicitarom, Mr. Buesa, acabou por baixar um chanço mais na escala da absurdeza do pensamento. O Mr. Buesa deicidiu que a verdade é mentira ou, pelo menos, que a verdade nom tem porque ser verdade, pode ser... outra cousa. E para isso que pensou? Nega-lo tudo... e a pesar de tudo.

E assim chegamos ao final deste conto de grotescos seres deshumanizados, com as palavras que deixou Mr. Buesa para o seu deleite e a nossa perplexidade. As palavras que negam o que se pudo ouvir nos meios (as "tonadilhas" que reproduzim anteriormente), as palavras da infâmia que provocam um novo dia triste para o ser humano, duvidando de que a gravaçom que se ouviu nos meios : "se hiciera en la manifestación", instando à justiça a que investigue se a fita "es un montaje", tal e como ele suspeita. E remata: "Me gustaría que el juez investigara si la grabación se hizo allí o es un montaje. Yo desde luego, que presidí la manifestación no oí semejante cosa. Ni siquiera oí un grito que fuera insultante para el Gobierno" (estarias folhando com qualquer prostituta toca do teu querido estado de ex-berberes enquanto se passava tudo...)

Espléndido! Os sentidos nos enganam. Assim que finalmente tinha razom Manu Chao "Yo sé que es mentira, la verdad".

Já o dixo nom sei quem: Os políticos som o reflexo da gente. A ver se morremos tod@s pronto...

"Só sei que nom sei nada" (Sócrates, século V anE. e retrocedendo... ainda)

Análises Cinematográficas

DOA (Dead Or Alive)

Director: Corey Yuen (Alejandro Huertas)

Interpretación (intento de): Devon Aoki (Dámaso Ajedrez), Derek Boyer (Dinio Boyero), Sarah Carter (Sara Cartera), Collin Chou (T. Locojí), Steve Howey (Esteban Jogüi), Kane Kosugi (Ken Casisí), Natassia Malthe (Natalia Malta), Matthew Marsden (Matías Gutiérrez), Chad McCord (Yian Macuerdo), Kevin Nash (Kevinio Nastardo), Jaime Pressly (Jaime Pressing), Holly Balance (Joli Columpio).

Sinopsis: Risas. Después risas con intento de golpes. Otra vez risas con saltos de gente sujeta por unas cuerdas. Risas. Un poco más de risas. Instintos homicidas atenuados por risas. Un negro con un moño de pelo verde en la frente. Un tipo grande que se parece a Hulk Hogan, pero no es. Cochinas jugando al voley-playa (por que?). Risas. Risísimas. Holly Balance enseñando cuerpazo. Risas. Un chino. Deseos de llorar. Risas. Final... y risas.

Secçom: Munco Vacún

Nova secçom em que analizaremos curiosidades e ocorrências várias da vida neste planeta, que algum dia acabará por estoupar. Mentres nom dá acontecido o desastre (?), imos deleitar-nos.


Arbre du Ténéré. Árvore que foi declarada umha vez a árvore mais isolada do planeta (a única em mais de 400 km. à redonda). Situada na regiom de Ténéré no Sáhara, na zona norte de Níger).

Baldwin Sreet.
A que é considerada oficialmente rua com mais percentagem de desnível do mundo. Está em Nova Zelandia e tem mais costa do que as legendárias ruas de Los Angeles ou Sam Francisco, pois chega ao 35% de desnível. Extraoficialmente, há outra rua em Pittsburgh (Pennsylvania) que, diz-se, tem maior percentagem ainda, pois mediçons nom oficiais outorgam-lhe o 37%.


Colletto Fava. Umha pequena colina de 1.500 mtr. na zona italiana do Piamonte que tem un coelho rosa no cúmio de 600 metros de longitude e 6 de altura.

A fraga da esbástica. Quiçais plantados para comemorar o aniversário de Hitler ou para amossar a lealdade ao führer, este feixe de pinheiros da zona alemá de Zernikow tem a forma do sinal que os nazis adoptaron como o representativo da sua aliança.

Fucking, Austria. Pequena populaçom austríaca perto de Salzburgo que recebe o nome de Fucking (inglês: fodendo). Mais a etimologia deste nome nom tem a ver com o inglês, evidentemente, senom com as línguas germánicas. O seu nome vém dado por umha pessoa que habitou a vila moitos anos atrás, um homem chamado Focko. O sufixo -ing significa "xente" na língua germánica antiga, com o qual Fuckin viria a significar "o local/lugar da gente de Focko". Ainda assim, o letreiro à entrada da vila nom deixa de ser curioso.

Graças à Wikipedia pelos dados fornecidos.

Secçom: Mentiras, infâmias, arrecaralhos e outras calúnias

Apenas acordara esta manhã e já empezou o mundo a tocar-me (tocar-nos) os colhóns. Si amig@s, porque apesar de que passedes da política, da sociedade e a mãe que os pariu, há gente por aí adiante fodendo demais em nós; e o que é pior, gente paga por nós próprios. Manda caralho!


A notícia em questom é a seguinte: "Além das que no seu caso sejam as suas ocupacións particulares, os ex-presidentes da Junta de Galiza (Xunta de Galicia / Conjunción gallega -segundo o bilinguismo harmónico Paco-Vasque-Lousadil) ingresarám durante doce anos mais de cinco mil euros (€) cada mês, até um máximo de 68 mil anualmente, e durante doce anos, umha vez que se aprobe a reforma legislativa desenhada polo actual goberno".

Em resumo, que Fraga, por pormos um exemplo inocente, vai cobrar de todos nós, despois de todo quanto nos tem fodido durante 16 anos "democráticos" mais outros vinte ou trinta de ditadura (e se nom morre antes, Avemariapurissima...) 11.314.248 das antigas pesetas de merda (assim parece mais nom? É por puro sadomasoquismo...).

O caso é que ainda que esses ouros (€) fossem para alguém que me caísse bem foderia-me igualmente. Puta merda!

Podedes ampliar a notícia aqui.

Cuando el mundo es gilipollas...

Plataforma por la conciliación lingüística en Galicia

Dende EEB queremos outorgar o prémio permanente à imbecilidade e a tergiversaçom da realidade com fins pseudo-patrióticos e para-científicos a esta nova plataforma cidadá que nace com a ideia de defender os direitos da cidadania galega para escolarizar os seus filhos e filhas em espanhol, rejeitando "toda imposiçom linguística".

Estes anjinhos de deus dam conta da "realidade" (a sua, claro) segundo estes critérios: "Dá-se o paradoxo de que os espanhois que vivemos em Espanha e queremos ter unha educaçom em espanhol nom podemos te-la". Nom me digas Mari Pepa! Que cousas!

Som estes uns doces anjinhos que ficarom indefesos ante a "valentia" da Conselharia de Educaçom de "tentar aumentar" a percentagem de uso da língua galega no ensino nom universitário (e digo tentar porque o primeiro é ver se se aprova, o segundo é ver se, aprovada a medida, chegaria a seguir-se de facto, e terceiro seria comprovar que dados estatísticos de seguimento teria dita medida se, como parece, se deixa escolher aos pais o idioma em que se deve escolarizar no ensino público). A cara pública da nova plataforma é Mª Paz de Bescansa (à direita na foto), ex-presidenta da Congapa, secçom galega da espanhola Concapa (Confederación Católica Nacional de Padres de Familia y Padres de Alumnos), organismo conservador de pais e mais ligado ao ensino privado.

A entidade di ser "contra toda imposiçom linguística que violentar a liberdade dos pais na hora de escolherem o idioma em que querem educar os seus filhos", em referência ao anúncio pola Conselharia da Educaçom de um próximo incremento no número de horas lectivas para o galego.

Em concreto, representantes da recém criada Plataforma afirmárom querer "evitar que os professores se vejam obrigados a leccionar num idioma que nom seja o materno", já que, em sua opiniom, em tal caso "nom vam poder transmitir adequadamente os conhecimentos aos alunos". Pois daquela haverá que conseguir professorado que tenha como língua materna o galego ou exigir a sua adequaçom a tais parâmetros... e problema resolvido, nom sim? Ou é que o funcionariado docente nom necessita actualizar-se, nem melhorar nas suas habilidades comunicativas e na sua competência linguística continuamente, assim como em quaisquer outras destrezas necessárias para a educaçom competente da nossa juventude? (ferramentas informáticas, mecanismos para o tratamento da diversidade do alunado, etc.).

Este colectivinho de gente ferida no seu orgulho linguístico-patriótico mantém a ideia de que o Decreto e o Plano de Normalizaçom Linguística som "inconstitucionais", a pesar de terem sido aprovados pelos seus amigos do PePe, quem mantenhem, em genial postura de aqui digo que sim e fora digo o que me sai da caralha, que os objectivos nom devem ultrapassar do 50% estabelecido no Plano de Normalizaçom da Língua Galega aprovado por unanimidade dos três grupos representados no Parlamento autónomo em 2005. Feito que se fai mais aborrecido se temos em conta que os próprios políticos/as nem chegariam ao 5% no uso da língua de nosso se contássemos a sua presença na vida diária fora do parlamento, e ainda mais se constatarmos a rutilante pobreza com que pintam o ar as suas palavras quando sacam a língua a passeio. (O Sr. Touzinho e o seu sotaque andalusí som boa prova disso: Vamos a facer, Falo con a seguridá que me manifiesta a miña conselleira de sanidá, etc.)

Por sua vez, a entidade que agrupa mães e pais ligados ao ensino privado manifestou através do seu porta-voz, Constantino Iglesias, que "é bom que o galego esteja presente no ensino, mas nom queremos que o castelhano fique como segunda língua", (e isso com as razoes cientifico-pedagógicas que seguem: guau! miaaaau! muuuuu!) sem que "ultrapasse" o espanhol e "respeitando o direito dos pais". A Congapa prefere evitar mudanças legislativas, propondo em lugar disso "campanhas para fazer entender à sociedade a necessidade de apostar no nosso" sem novas leis, pois "as imposiçons nom chegam nunca a bom fim". Umha cousa com a que concordo, levamos séculos de imposiçom do espanhol, com todas as implicaçons sociolinguísticas já abondo conhecidas e hipercomentadas, assim que o axioma é correcto por força.

O Sr. San Miguel (à esquerda na foto de início), outros dos lúcidos representantes da plataforminha, observa sagazmente, unha "degradaçom do castelão entre a mocidade" (será pela influência do corunho: pero neno, saca el chukel de mi kel que viene mi já y me la lía. Buah! neno, vaya movida que mistás diciendo. Me piro chorbo!, ou se cadra do viguelo: que paaasa tiiiiiiiiiiiio?), outra das razons pelas que advogam por "umha cooficialidade real" (santo deus, eu assino por isso como mal menor. Se nunca tal se viu na Galiza!) sem um "método impositor" que provocar o rejeitamento da sociedade.

E para finalizar com a burla à razom, umha relaçom de imposiçons das que nom gosto e umha série de direitos que quero impor ao resto:
1. Nom pagar o que me pidam nos restaurantes se eu considerar que a carestia é discorde com o preço real dos produtos.
2. Rejeito formalmente o Imposto de Contribuçons, o IVE, ter que passar a ITV, e fazer cola no supermercado.
3. Quero conduzir pela esquerda por um costume ancestral de 3 amigos dum meu tatara-tio que emigrou a Inglaterra e puxo umha tenda de Tudo a Cem, mas em libras claro (Tudo em Pennys, foi a irrisom um tempo).
4. Nom aceito a programaçom das plataformas digitais de TV por cabo. Que a mudem por um cam correndo seguido detrás de umha cenória. Ou pelo menos que sejam emisons co-oficiais.
5. Quero água dos embalses directamente trazida por Ramón García, nom gosto de que venha através de canos de metal sujos e cancerígenos.

Foto: Trofeu proposto por EEB para a PCLGa.

Que vos dem pelo cu, mamons!

Designed by Posicionamiento Web | Bloggerized by GosuBlogger